Foto: Argimiro José Aldrey Pérez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-1277
Clasificación Genérica Obxectos devocionais; Obxectos rituais e cerimoniais comúns; Pintura
Objeto/Documento Icona
Tipología/Estado Doméstica
Autor/a Anónimo
Título Menoloxio ortodoxo
Conjunto Colección de iconas rusas
Materia/Soporte Soporte: Madeira Marrón escuro [Ten dúas travesas horizontais por detrás]
Elementos sustentados: Ouro Dourado
Témpera [Cores: ocre, verde, vermello, branco, azul e marrón]
Preparación
Técnica Pintura a man alzada
Dourado
Pintura á témpera
Dimensiones Icona: Profundidade = 3,20 cm; Altura = 35,40 cm; Anchura = 31,60 cm
Descripción Icona rectangular cun marco pintado en cor ocre cun filete verde e vermello na parte exterior.
A escena estructúrase en catro bandas horizontais separadas por cartelas brancas e escritas cos nomes dos diferentes santos. A primeira franxa atópase dividida en tres recadros separados por liñas verticais brancas. No primero hai catro santos, sendo o inicial san Xoán Bautista, no segundo sete e no derradeiro catro Santos Pais. No seguinte nivel temos no centro catro advocacións da Virxe (dúas Odighitria, unha Eleousa e a da Silveira Ardente) e á esquerda e á dereita cinco santos. A terceira banda está composta por quince santos, un deles san Máximo de Moscova (1433-1444) por estar espido e pola súa longa barba, e a derradeira por outros tantos.
Iconografia Icona: Menoloxio; Advocacións da Virxe; Virxe da silveira ardente
Inscripciones/Leyendas Cara anterior, parte superior e nas bandas cos nomes dos santos, Pintado a man alzada
Cara posterior, esquina superior, Pintado a man alzada
Pintado un numero 2 con tinta
Datación 1789[?]-1900[?]
Contexto Cultural/Estilo Idade Contemporánea
Lugar de Producción/Ceca Rusia (Europa Central e Oriental, Europa)
Uso/función Devocional
Descriptores Geográficos Europa Central e Oriental
Lugar de Procedencia Estonia
Lugar Específico/Yacimiento Tallin
Historia del Objeto <EXPOSICIÓNS>: A contemplación do invisible. Iconas rusas. Colección Santos - Illueca; programa de exposicións temporais sede Praterías, (do 13 xullo de 2016 ao 30 de decembro de 2016).
Clasificación Razonada As iconas son obxectos de veneración, moitas delas contan cunha fama engadida porque se consideran milagreiras por se lles atribuír curacións e outras accións beneficiosas. Algunhas constitúen o obxecto principal de veneración de santuarios, meta de importantes peregrinacións. Determinadas características do territorio e circunstancias de tipo histórico marcarán as diferenzas da produción rusa respecto dos precedentes bizantinos e doutras rexións baixo a órbita ortodoxa.
Segundo as características que presenta, posiblemente poida formar parte da tipoloxía de iconas domésticas. Estas estaban destinadas ao lugar de oración familiar que todos os domicilios posuían e acostuman a ser de tamaño reducido (entre 20 x 15 e 40 x 35 cm.)
Forma de Ingreso Depósito
Fecha de Ingreso 28/10/2013
Catalogación Cobas Macías, Cristina; Kollmeier, Korbinian; Rodríguez Martínez, Xoel
| más imágenes |

Foto: Argimiro José Aldrey Pérez

Foto: Cristina Cobas Macías

Foto: Cristina Cobas Macías

Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6